Todos os recunchos de Galiza viven ao longo do ano e máis a partir da primavera e durante o verán un tempo de festas populares de forte raigame social.
É un momento para lembrar a importancia de galeguizar as nosas festas e facer que o noso idioma estea presente tamén, como non, nestes momentos de lecer.
Con
este motivo a Asociación de Funcionarios para a Normalización Linguística promoveu a elaboración do documento que agora achegamos, baixo o título Mil festas máis para a lingua , no que se trata de presentar as razóns fundamentais para galeguizar as nosas festas e onde se dan algunhas recomendacións de como levar a cabo dita tarefa.
Este documento, ao que se teñen sumado moitas entidades públicas e sociais, pode ser de utilidade, como referencia, para asociacións culturais, veciñais e entidades públicas e empresas organizadoras de eventos culturais.
Nos últimos meses persoas deste concello están denunciado a comercialización irregular de participacións preferentes por parte das entidades financeiras pola falta de transparencia na súa colocación.
Insta ademais, como medida inmediata, ao dragado do porto para lograr un calado adecuado ás necesidades das embarcacións que alí faenan.
O 


